Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 31 de outubro de 1997 polo que se anuncia a exposición ó público do proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de outubro de 1997, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Corporación, e sen prexuízo do exercicio de calquera outro recurso que se considere procedente.

Begonte, 31 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9125