Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1997, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento da Coruña.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o seu exame e alegacións polos interesados, segundo o disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Esta aprobación inicial determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resulten incompatibles coa modificación proxectada.

A Cañiza, 31 de outubro de 1997.

César J. Mera Rodríguez

Alcalde

8504