Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 4 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Bouzada Iglesias, Esther e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1ºD da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado reglamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestativo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte á data de publicación desta cédula no DOG. Así mesmo no prazo establecido para os recursos poderá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, a dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra esta.

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Bouzada Iglesias EstherBº Cabreira

S. Pedro

Nigrán

78.658Liquid. D-650/97

Expte. 989/94

Muíños Ventín, Ignacio

(presentador: Muíños

Lopo, Ignacio)

Romil, 29-1

Vigo

166.451Liquid. D-497/97

Expte. 1841/93

Muíños Ventín, Inmaculada

(presentador: Muíños

Lopo, Ignacio)

Romil, 29-1

Vigo

166.451Liquid. D-498/97

Expte. 1841/93

Muíños Ventín, Juan Carlos

(presentador: Muíños

Lopo, Ignacio)

Romil, 29-1

Vigo

156.235Liquid. D-499/97

Expte. 1841/93

Muíños Ventín, Javier

(presentador: Muíños

Lopo, Ignacio)

Romil, 29-1

Vigo

176.728Liquid. D-500/97

Expte. 1841/93

Rodríguez Martínez, JosefaCamelias, 58

7ºA, Vigo

584.945Liquid. D-413/97

Expte. 1795/93

Vigo, 4 de novembro de 1997.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

97-8785