Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 4 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Acuña Fernández, Celia e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobados polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de América nº 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula no DOG. Asi mesmo, no mesmo prazo e en corrección dos resultados de comprobación de valores podera promove-la practica de taxación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Acuña Fernández, CeliaLG Gaifar

Panxón

Casa Nigrán

103.556Liquid. T-263/97

Expte. 8201/90

Vicente Álvarez, M. TeresaPaseo dos Abetos, 20 Nigrán8.556Liquid. J-241/97

Expte. 7567/90

Vigo, 4 de novembro de 1997.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

97-8785