Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que o Servicio de Recadación lle notifica a Carmen Rico Mouriz, o acordo de denegación da suspensión da liquidación 02950004985.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Carmen Rico Mouriz, en relación coa súa solicitude de suspensión da liquidación 02950004985 pola interposición de reclamación económico-administrativa, que o Servicio de Recadación, vistos os artigos 74 e seguintes do Real decreto 391/1996, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas e transcorridos os dez días de prazo para a corrección de deficiencias, acorda a denegación da suspensión da execución do acto impugnado ó non estar constituída a garantía prestada ante o Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Lugo, senón ante a Axencia Tributaria.

Comunícaselle, así mesmo, que contra este acordo poderase interpoñer reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo Rexional no prazo de quince días contados a partir do seguinte a esta publicación.

Lugo, 28 de outubro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

97-8783