Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se publican resolucións dos recursos dictados polo Servicio de Xestión Tributaria relativos ós contribuíntes que se citan (Barros Moreno, José Luis e un máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolución dos recursos dictados polo Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, relativos ós contribuíntes e conceptos cos datos persoais e último domicilio coñecido que se indican.

Contra a presente cédula poderase promover reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, no plazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da notificación.

Lugo, 28 de outubro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

-Contribuínte: Barros Moreno, José Luis.

Enderezo: r/ del Sol, 107-4º, Ferrol.

Acordo recaído: desestimado.

Expediente: 4044/90.

-Contribuínte: Veiga Crespo, S.L.

Enderezo: Av. Habana, 18-1º, Ourense.

Acordo recaído: desestimado.

Expediente: 6953/95.

8779