Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que o Servicio de Xestión Tributaria lle comunica a Jesús Ángel Bergantiños Díaz a finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria 17/93.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Servicio de Xestión Tributaria notifícalle a Jesús Ángel Bergantiños Díaz, con referencia ó expediente de taxación pericial contradictoria 17/93 que, recibida a comunicación do seu nomeamento como perito terceiro, José Antonio Ruíz del Río esixiu provisión do importe dos seus honorarios, e que o depósito da Administración se constituíu no Banco de España o 1 de abril de 1996; que, a través de cédula do 20 de maio de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia número 108, do 6 de xuño, comunicóuselle ó interesado a necesidade de que, como trámite para continua-lo procedemento, constituíra depósito, no prazo de dez días, polo importe indicado polo perito, e que o prazo rematou o día 18 de xuño de 1997 e o contribuínte non constituíu o depósito no Banco de España. Que, de acordo co artigo 52 da Lei xeral tributaria,

modificado pola Lei 25/1995, do 20 de xullo, no seu apartado 2 in fine dispón que «a falta de depósito

por calquera das partes suporá a aceptación da valoración realizada polo perito da outra, calquera que fose a diferencia entre ámbalas dúas valoracións»; e que a valoración realizada no seu día polo perito da Administración ascendeu a 26.274.250 pesetas.

Polo exposto cómpre, xa que logo, acordar: 1. A finalización do procedemento extraordinario de taxación pericial contradictoria. 2. Fixa-lo valor dos bens obxecto da taxación nas cantidades de 26.274.250 pesetas. 3. Levanta-la suspensión da liquidación J000770/93, suspendida desde o día 16 de abril de 1993. De acordo co disposto no artigo 20.8 do Regulamento xeral de recadación, o prazo de ingreso en período voluntario é o seguinte: a) As débedas tributarias resultantes de liquidacións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior. 4. Darlle traslado á tesourería desta delegación para que practique a liquidación de xuros de demora devengados durante o tempo da suspensión.

Advírteselle tamén que contra este acordo poderá promover reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a esta publicación.

Lugo, 28 de outubro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

8778