Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fixa unha nova data, hora e lugar, e se convoca o titular para o levantamento da acta previa de ocupación do dereito de alugueiro afectado polas obras de restauración e reutilización do Convento de San Roque.

Por Decreto 308/1997, do 23 de outubro (DOG nº 214, do 5 de novembro), o Consello da Xunta de Galicia acordou declara-la urxente ocupación do alugueiro afectado polas obras de restauración e reutilización do Convento de San Roque. Ó non poderse publicar coa antelación fixada no artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa a Resolución do 6 de novembro de 1997 desta Secretaría Xeral e do Patrimonio, pola que se fixaba a data, a hora e o lugar e se convocaba o titular do dereito de alugueiro afectado polas obras de restauración e reutilización do Convento de San Roque, para o levantamento da acta previa á ocupación, esta Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

convoca o titular do dereito afectado, que figura na presente relación, para que no mes, día e hora que se expresan compareza no local que se vai expropiar do inmoble sito no Convento de San Roque, nº 34 da rúa das Rodas, Santiago de Compostela, para proceder ó levantamento da acta previa á ocupación do dereito afectado.

Ó dito acto o interesado poderá comparecer por si mesmo ou mediante representante debidamente autorizado e vir acompañado de perito e notario pola súa conta, debendo presenta-lo DNI e os documentos xustificativos da súa titularidade sobre o citado alugueiro.

Titular afectado en calidade de arrendatario: Rogelio Amieiro López.

Enderezo: rúa das Rodas, nº 34, Santiago de Compostela.

Dereito que se vai expropiar: dereito de alugueiro segundo contrato do 2 de marzo de 1981.

Levantamento da acta previa de ocupación no local que se vai expropiar do inmoble sito na rúa das Rodas, nº 34, de Santiago de Compostela ás 11 horas do 5 de decembro de 1997.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e facenda

8777