Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997 pola que se anuncia o concurso para a adxudicación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (adaptando as NN.SS. vixentes á Lei 1/1997, do solo de Galicia), sendo o importe dos traballos de 4.500.000 ptas.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e 326 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, anúnciase o citado concurso, conforme o seguinte contido:

Obxecto: adxudicación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (adaptando as NN.SS. vixentes á Lei 1/1997, do solo de Galicia), sendo o importe dos traballos de 4.500.000 ptas.

Duración do contrato: o documento para a aprobación definitiva ten que ser entregado ó concello antes do 1 de decembro de 1998.

Tipo de licitación: 4.500.000 ptas., IVE incluído.

Publicidade do prego de condicións: nas dependencias da Secretaría Municipal durante o prazo de presentación das licitacións ó que se refire o concurso (teléfono 62 20 02, fax 62 25 30). Durante os 8 primeiros días hábiles ó seguinte o da derradeira publicación deste edicto poderanse presentar reclamacións respecto ó citado prego suspendéndose, se é o caso, a licitación de conformidade co previsto na LCAP.

Garantía provisional: a recollida no prego.

Garantía definitiva: a recollida no prego.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente edicto no BOP e no DOG, no rexistro xeral deste concello, praza de Calvo Sotelo, 1. O prazo computarase desde a derradeira publicación do presente edicto.

Criterios de adxudicación: os que figuran no prego.

Modelo de proposición: o recollido no prego.

Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 10 de novembro de 1997.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

9119