Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Ponse en coñecemento do público en xeral que, de acordo coas condicións establecidas nas operacións crediticias a xuro variable, en función da posible alteración dos xuros para préstamos a 3 anos de determinados bancos (neste caso, do Central Hispanoamericano, Bilbao Vizcaya e Español de Crédito), o tipo de referencia para o ano 1998 resulta se-lo 13,33%, que é a media aritmética simple dos mencionados tipos, declarados ó Banco de España o 30 de setembro de 1997.

Como consecuencia, o tipo de xuro nominal anual que se vai aplicar a cada unha das indicadas operacións crediticias, e desde a data sinalada no contrato correspondente de inicio da posible alteración, será o resultado da suma alxebraica do dito tipo de referencia e da marxe pactada.

José Antonio Rodríguez Vilas

Adxunto ó xefe da área de Admón. de Investimentos e Mercado de Capitais