Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-214).

Por decreto desta Alcaldía nº 4508/1997, con data do 1 de outubro de 1997, acordouse aprobar inicialmente a modificación do plan parcial sobre parte do SUNP-E As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns, tramitado por Manuel Jove Capellán, Domingo Pérez Paz e José García Abella. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, contados desde a última publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de outubro de 1997.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións

9105