A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de com
petencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento:
Contratación de: adquisición de diversos equipos médicos:
Lote 1: equipo portatil de raios X.
Lote 2: unidade de ecografía con doppler color.
Orzamento: 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas). Queda desagregado segundo lote:
Lote 1: 4.000.000 de ptas. (catro millóns de pesetas).
Lote 2: 13.000.000 de ptas. (trece millóns de pesetas).
Prazo de execución:
A entrega dos equipos efectuarase por parte do adxudicatario antes do 31 de decembro de 1997.
Forma de adxudicación:
Procedemento aberto por medio de concurso público, trámite urxente nº 15/1997.
Admisión de variantes:
Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias ofertas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a prestación da subministración, solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas, nos artigos e especificacións que expresamente se admita nas citadas prescricións.
Solvencia económica e financeira:
Acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei /1995, de contratos da administración publica.
Solvencia técnica:
Acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos da administración pública.
Fianza provisional:
A contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de: trescentas corenta mil pesetas (340.000 ptas.). Quedando desagregado segundo lote:
Lote 1: 80.000 ptas. (oitenta mil pesetas).
Lote 2: 260.000 ptas. (duascentas sesenta mil pesetas).
Clasificación esixida: non se esixe.
Criterios de adxudicación:
Nº ordeCriterio de adxudicaciónPonderación
1Prezo ofertado40%
2Calidade técnica40%
3Prazo de entrega20%
Documentación de interese para os licitadores:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tlno. (986) 86 23 63 e fax. (986) 84 79 41).
Presentación de proposicións:
Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións:
Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores:
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios:
O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario/s do contrato.
Pontevedra, 10 de novembro de 1997.
Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario
Provincial-Rebullón de Pontevedra
9171