Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Polo presente anuncio notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos domicilios

expresados, correspondentes a resolucións de perda da subsidiación ó tipo de xuro por incumprimento de condicións e reclamación do percibido indebidamente, recaídas ó abeiro do Decreto 400/1992, do 30 de decembro, e o convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas publicado no DOG nº 84, do 3 de maio de 1994.

Expediente nº 3/94.9999.0000.N.2550144/2.

Titular: Orensana de Maderas, S.A., polígono industrial A Uceira, parcela C1, 32500 O Carballiño (Ourense).

Resolución do director xeral do Igape, do 20 de outubro de 1997.

Importe que hai que reintegrar: 163.315 ptas.

Domicilio de pagamento: conta do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, en Caixa Galicia, nº 2091 0300 47 311006317/2.

Contra a dita resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde a publicación do presente anuncio.

As resolucións obxecto da presente notificación non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da lei 30/1992, do 30 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. infórmase que o expediente completo se atopa na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Instituto Galego de Promoción Económica (rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela).

O que se fai público para efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

97-9071