Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados).

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, unha concesión en dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados), con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións dela.

Resolución: 9-10-1997.

Obxecto: construcción dunha fábrica de conservas de peixe e marisco.

Porto: Tragove (Cambados).

Adxudicatario: Manuel Otero y Otero, S.A.

Prazo: 20 anos.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

8591