Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta da asemblea xeral extraordinaria, e os novos estatutos da Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos de Pontevedra (Asime), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados para o seu depósito, polo secretario xeral da asociación, Ernesto B. García Bernardo, a acta da asemblea xeral extraordinaria e os novos estatutos da Asociación Provincial de Industriales Metalúrgicos de Pontevedra (ASIME), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, cambia o seu ámbito territorial provincial polo de comunidade autónoma, así como a súa denominación que pasa a ser Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

P. S. (Orde 12-9-1997, DOG 191 do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral de Relacións Laborais

8986