Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a apertura do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Engordes Comerciales Marinos, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á sociedade Engordes Comerciales Marinos S.A., con último domicilio coñecido en Couto de Abaixo, Castrelo-Cambados (Pontevedra) a apertura do expediente de caducidade instruído por incumprimento das normas que regulan o título da concesión administrativa ó levar inactivo un tempo superior a dous anos; esta é a causa de caducidade das establecidas nos artigos 56.3º e 72, apartado a), da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio).

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial de Pontevedra (r/ Palma nº 4, Vigo) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

Vigo, 12 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Julio Taboada Pérez

Secretario

8639