Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: L.C. nº 2.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal C, cuadrícula 40.
Data da concesión: 25-6-1957.
Data de remate da última prórroga: 2-8-2002.
Anterior concesionario: Gabino Sánchez Ozores.
Novo titular da concesión e batea: Juan Antonio del Río Mariño.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 22 de outubro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
9139