Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, a contratación da impermeabilización e restitución do estado orixinal do claustro da Catedral de Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da obra:

Impermeabilización e restitución do estado orixinal do claustro da Catedral de Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: corenta e catro millóns oitocentas vintecatro mil seiscentas cincuenta e tres pesetas (44.824.653 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas, o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e na delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presenación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

8647