Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador (E.N.-16/97, E.N.-31/97) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

E.N.-16/97Julio Fernández Soto

r/ Tomás A. Alonso, 24

Vigo

Realizar un voo rasante nunha avioneta branca e amarela coas letras ECCEL entrando desde a mar perpendicular á praia da Lanzada, por riba do aparcamento N. e da Praia do Bao con dirección Cambados e volta polo mesmo sitio e á mesma altura. Ó seu paso é debido á baixa altura e ó ruído do motor levantaron case tódalas aves que comían na zona aproveitando a baixamar, o día 8 de febreiro de 1997, no lugar da Praia da Lanzada, concello do Grove.Art. 38.4 e 38.13 por incumprimento do art. 26.4 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.50.000 ptas.

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

E.N.-31/97Luis Alberto Mínguez Parada

Toural, 15-Vilaboa.

Ter en catividade sen autorización unha avelaiona (strix aluco), especie catalogada de interese especial polo R.D. 439/1990, o día 30 de marzo de 1997, lugar Cabadachán, concello de Vilaboa.Art. 38 da Lei 4/1989 da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre, en relación co artigo 26 da mesma lei e co R.D. 439/1990 polo que se regula o catálogo nacional de especies ameazadas.Artigo 38 da Lei 4/1989 da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.50.000 ptas.

9069