Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-419/96 e P-59/97 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de se tratar de utensilios de uso lícito, poderá obterse, logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización, dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-419/96.

Denunciado: Ramón Jiménez Montoya.

DNI: 35.306.708Y.

Último enderezo coñecido: O Bao-Poio.

Feito denunciado: pescar sen licencia en época de veda e sen permiso de couto, o día 9 de decembro de 1996, no río Lérez, concello de Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 34.1, 34.8 e 37.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 60.000 ptas. e Inhab. de 1 ano para obte-la licencia de pesca

Expediente: P-59/97.

Denunciado: José M. Prego Portas.

Último enderezo coñecido: Estrada de Portas, s/n, Caldas de Reis.

Feito denunciado: pescar nunha zona acoutada sen permiso e antes da tempada hábil, nun tramo ben sinalizado; sendo sorprendido cando portaba a cana na súa man e o cebo dentro da auga (tendo antecedentes por outras infraccións á Lei 7/1992) o día 26 de marzo de 1997, no río Umia, concello de Caldas de Reis.

Precepto infrinxido: artigo 34.10 e 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 60.000 ptas. e Inhab. de 1 ano para obte-la licencia de pesca.

97-8574