Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 1997 Páx. 11.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997 relativa ó seguro de vida e accidentes para o persoal ó servicio do Valedor do Pobo.

No Diario Oficial de Galicia nº 213, do 4 de novembro de 1997, publícase o anuncio do concurso público do contrato privado de seguro de vida e accidentes para o persoal ó servicio do Valedor do Pobo.

Computado o prazo de vinteseis días naturais para a presentación de proposicións en concordancia coa cláusula administrativa particular terceira do prego, publicado no BOPG nº 702, do 15 de outubro, o remate do prazo corresponde ó día 30 de novembro, domingo.

Xa que logo, disponse que o último día para a presentación de proposicións sexa o día 1 de decembro, luns, ata as 14.30 horas.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1997.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

9065