Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.156

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación de responsable do certame Semana Verde, da Fundación Semana Verde de Galicia, que desempeñará a súa función na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de mérito e capacidade, entre persoas que demostren a súa cualificación profesional. Os interesados remitiranlle á fundación, ó Recinto Feiral s/n, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dun mes desde a publicación deste anuncio, as súas circunstancias persoais, titulación e demais circunstancias atinentes ós indicados principios que consideren conveniente relacionar, coa proposta da retribución económica anual bruta que pretendan percibir por tódolos conceptos.

José Maril Sánchez

Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia

8485