Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.156

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pola que se anuncia o alleamento en terceira poxa pública dun inmoble que pertence ó patrimonio da Seguridade Social, sito na rúa Xeneral Franco, 30, Rúa do Malecón, 18 de Ribeira (A Coruña).

Conforme acordo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e resolución da Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña saca a terceira poxa pública o inmoble, propiedade deste servicio común, que está formado polos seguintes terreos rexistrais:

Urbano número 2 bis. Local comercial ou de entrada con fachada a r/ Cardeal Cisneros, sito na r/ Xeneral Franco, 30 de Ribeira. Superficie: 15 m aproximadamente. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 534, libro 114 de Ribeira, folio 151 Vto. predio 11.032, inscrición cuarta.

Urbano número 3 bis. Local comercial sito no primeiro andar da r/ Xeneral Franco, 30 e da Avda. José Antonio de Ribeira. Superficie: 650 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 531, libro 113 de Ribeira, folio 241, predio 10.988, inscrición terceira.

Realízase esta terceira poxa de acordo co prego de condicións establecido para ela nun único lote de bens e no tipo mínimo de licitación de 44.069.610 pesetas.

O acto público desta terceira poxa terá lugar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 52-6º I da Coruña, o día 26 de novembro de 1997 ás doce horas.

Facilitaráselles ós interesados o prego de condicións da poxa e calquera información sobre as características físicas e xurídicas dos bens que se van allear na Sección de Servicios Xerais e Patrimonio da Dirección Provincial da TXSS, r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º da Coruña, os días hábiles excepto sábados, de nove a catorce horas.

Os gastos e impostos que se orixinen con motivo desta poxa, incluídos os de publicidade e tódolos derivados da formalización posterior da transmisión de dominio, serán por conta do adxudicatario comprador.

A Coruña, 3 de novembro de 1997.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social da Coruña