Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.155

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 3 de novembro de 1997 polo que se convocan estadías na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas dirixida ó persoal ó servicio das entidades membros do seu padroado.

A Fundación Galicia-Europa anuncia que a partir do mes de xaneiro do vindeiro ano pon á disposición do persoal ó servicio das entidades membros e asociados desta institución (Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixa Ourense, Caixa Pontevedra, Caixavigo e Cámaras de Comercio galegas, Deputación da Coruña e Deputación de Pontevedra), a súa oficina en Bruxelas.

A finalidade que se persegue é a de que, contando coa asistencia do persoal da fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través del se poidan establecer coas institucións comunitarias, as

persoas seleccionadas realicen traballos de investigación en relación con temas comunitarios que sexan de interese para as entidades das que dependan.

Requisitos:

1. Formar parte do cadro de persoal dalgunha das entidades membros do padroado da Fundación Galicia-Europa.

2. Acreditar ter realizados estudios universitarios completos de segundo ciclo.

3. Ter coñecemento profundo do francés ou do inglés.

4. Daráselles preferencia a aqueles candidatos que se ocupen de funcións que demanden unha ampliación de coñecementos en relación con temas comu

nitarios e que acrediten estudios ou traballos realizados neste sentido.

As entidades ás que pertenzan os candidatos faranse cargo dos gastos de desprazamento e de aloxamento en Bruxelas polo tempo que dure a estadía, que terá unha duración variable segundo cada caso, pero que por tempo medio será de quince días.

As estadías realizaranse ó longo do ano 1998, no que estará aberta a convocatoria. Non obstante a fundación establecerá o calendario das estadías, de xeito que non concorran máis de dous interesados nun mesmo período.

Os interesados deberán presenta-la súa solicitude na sede da Fundación Galicia-Europa, sita na rúa dos Feáns, 5 baixo, Santiago de Compostela, Telf. 54 10 12, e irá dirixida ó director da Fundación Galicia-Europa, facendo consta-las razóns polas que se solicita a estadía e o obxecto do traballo que se vai realizar. Así mesmo, indicaranse as datas máis convenientes para realiza-la estadía e a súa previsible duración. A solicitude deberá acompañarse da autorización asinada pola autoridade ou xefe de persoal de quen dependa o candidato, que expresará o compromiso de facerse cargo dos correspondentes gastos, así como dos restantes documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos da convocatoria e dunha fotografía tipo carné.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

8990