Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 3 de novembro de 1997 polo que se convocan bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo de 1998 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

A Fundación Galicia-Europa convoca catro bolsas para financia-la estadía en Bruxelas de licenciados universitarios que sexan aceptados por algunha das institucións comunitarias ó longo de 1998 para a realización dunha estadía non remunerada.

Requisitos:

1. Carta da correspondente institución na que se acepta a solicitude do candidato para a realización dunha estadía non remunerada.

2. Ter expediente académico con media de notable.

3. Coñecemento dunha lingua comunitaria ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1967.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

7. Terán preferencia aqueles candidatos que realizasen estudios postuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Duración da bolsa:

Ata cinco meses por estadía.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 FB/mes para aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros serán por conta dos candidatos seleccionados.

Data de presentación da solicitude da bolsa:

A convocatoria estará aberta durante todo o ano 1998. Unha vez teñan sido adxudicadas tódalas bolsas convocadas, a fundación fará público o esgotamento do orzamento comprometido para este programa, pechando daquela a admisión de novas solicitudes durante o exercicio.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I , deberá presentarse expediente académico, currículum vitae e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse na Fundación

Galicia-Europa, Rúa dos Feáns, 5, baixo, 15706 Santiago de Compostela. Telf.: (981) 54 10 12; fax: (981) 54 10 13. Horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario Xeral da Fundación Galicia-Europa

8579