Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.153

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 3 de novembro de 1997 polo que se convocan bolsas para a realización de prácticas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas.

A Fundación Galicia-Europa convoca catro bolsas para financia-la realización de prácticas de licenciados universitarios na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas, ó longo do ano 1998, co fin de completar e aplica-los coñecementos adquiridos no transcurso dos seus estudios.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios completos de segundo ciclo.

Será mérito preferente ter realizado estes estudios nalgunha das universidades galegas.

2. Ter un expediente académico con media de notable.

3. Coñecemento do francés e inglés ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1967.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

7. Terán preferencia aqueles candidatos que realizasen estudios postuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Duración das prácticas:

As prácticas estenderanse do 15 de xaneiro ata o 15 de decembro de 1998.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de once mensualidades de 35.000 FB/mes para aloxamento e manutención. Os candidatos seleccionados ocuparanse do transporte e seguros e deberán acredita-la súa cobertura médica para o período de prácticas.

Data límite de presentación da solicitude das bolsas:

As solicitudes poderanse presentar ata o 1 de decembro de 1997.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse expediente académico, currículum vitae e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse na Fundación Galicia-Europa, Rúa dos Feáns, 5, baixo, 15706 Santiago de Compostela. Telf.: (981) 54 10 12; fax: (981) 54 10 13. Horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

8578