Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 22 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Macenda (Boiro-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Macenda (Boiro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 206/1989 do 7 de setembro (DOG nº 194, do 9 de outubro de 1989).

Primeiro.-Con data do 14 de outubro de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Macenda (Boiro-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Boiro en os lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Nese prazo dos trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas de do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello

para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel ó que teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 22 de outubro de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras Desenvolvemento Rural da Coruña

8595