Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as propostas de resolución formuladas no expediente sancionador de epizootias 119SA/96 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e ó seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario poralle fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 28 de outubro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 119SA/96.

Denunciado: Álvarez Portabales, José.

DNI: 19.430.296.

Último enderezo coñecido: Avda. Blasco Ibáñez, 136. Massanassa (Valencia).

Feito denunciado: non te-lo carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 213 e relación co 195.2º.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Expediente: 143SA/96.

Denunciado: Serans Vidal, Modesto.

DNI: 33.281.277.

Último enderezo coñecido: r/ Ajates, 45. 05005 Ávila.

Feito denunciado: traslado de gando sen guía, pasaporte oou reseña, non respectando a inmobilización decretada.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: guía: 217.3º pasp. 7 Ï do Decreto 355/1994. Inmo. 224 do Regulamento en relación co 9 Ï.4 da Orde do 27-4-1994.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: 145SA/96.

Denunciado: Diego Domínguez, Manuel.

DNI: 52.292.968.

Último enderezo coñecido: Rpte. Gandería Zalduendo, S.A. Moheda de Zalduendo (Cáceres).

Feito denunciado: traslado de gando sen estar amparado por guía.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootías: 217.3º do regulamento.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

8596