Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 28 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a prórroga da toma de posesión provisional dos predios da zona de concentración parcelaria de Beigondo (Santiso-A Coruña).

Vista a solicitude de prórroga do prazo establecido para a toma de posesión dos predios de reemprazo resultantes do acordo de concentración parcelaria da zona de Beigondo (Santiso-A Coruña), publicado no DOG do 15 de outubro de 1996, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural resolveu amplia-lo citado prazo nos predios de monte con plantación de árbores ata o 31 de decembro de 1997.

A Coruña, 28 de outubro de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de A Coruña

8678