Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997 pola que se fai pública a resolución provisional da convocatoria de axudas en cargo ó Fondo de Investigación de Galicia sobre Drogodependencias para 1997.

Mediante a Orde do 24 de abril de 1997 (DOG nº 97, do 22 de maio), a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais creaba o Fondo de Investigación de Galicia sobre Drogodependencias (en adiante FIGAD) e establecía as normas reguladoras das convocatorias que, anualmente, se prevé establecer de axudas económicas para financiar proxectos de investigación científica no eido das drogodependencias.

Atendendo á súa disposición transitoria primeira, a Orde do 24 de abril de 1997 establecía para o ano 1997 a primeira convocatoria de axudas económicas con cargo ó FIGAD.

De acordo co artigo 10.1º das normas reguladoras das referidas convocatorias de axudas económicas con cargo ó FIGAD, as solicitudes de axudas presentadas en cada exercicio anual serán valoradas por un xurado, quen elevará á secretaría xeral desta consellería a proposta de candidatos a beneficiarios das axudas para que, posteriormente, se proceda a dar efectivo cumprimento ó procedemento de resolución contemplado nos artigos 10 e 11 da citada Orde do 24-4-1997.

Segundo o apartado terceiro do artigo 10º da Orde do 24-4-1997, unha vez rematado o proceso de selección das solicitudes de axudas e emitida a proposta de candidatos a beneficiarios das axudas por parte do xurado de valoración, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais deberá facer pública a resolución provisional de beneficiarios do FIGAD mediante anuncio inserido no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a resolución provisional da convocatoria, para 1997, de axudas económicas con cargo ó Fondo de Investigación de Galicia sobre Drogodependencias (FIGAD), de conformidade co artigo 10.3º da Orde do 24 de abril de 1997.

Segundo.-De acordo coa valoración feita e elevada a esta secretaría polo presidente do xurado de valoración de solicitudes de axudas con cargo ó FIGAD, declárase deserta a presente convocatoria ó quedaren desestimadas tódalas solicitudes presentadas, polos motivos reflectidos na acta da reunión do dito xurado, celebrada o día 21-10-1997.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderase formular reclamación no prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

8995