Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de novembro de 1997 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 2 de outubro de 1997 (DOG nº 196, do 10 de outubro de 1997).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia , e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destinos nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación e código do posto: subdirector xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Código: ED.C06.00.002.15770.001.

Dependencia: Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: profesor titular de universidade.

Apelidos e nome: Pazos Sierra, Alejandro Celestino.

Nº de rexistro de persoal: 33.243.360.35 A0504.

Denominación e código do posto: xefe do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.

Código: ED.C07.00.001.15770.012.

Dependencia: Dirección Xeral de Política Lingüística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: superior da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Dosil López, Benjamín.

Nº de rexistro de persoal: 33.252.487.24 A2060.

97-8501