Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.124

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostelería de Galicia:

A. Posto: técnico de mantemento (REF. MANT-1797).

1) Funcións principais: encargarase do mantemento das instalacións e do equipamento do centro.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-FP I, especialidade electricidade, electrónica ou instalacións frigoríficas.

-Experiencia profesional de 36 meses en postos de responsabilidade no mantemento de instalacións (preferiblemente relacionadas coa hostelería).

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas que se realizarán:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Probas prácticas de ofimática (Microsoft Office).

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

B. Posto: profesor de cociña (REF. COC-1897).

1) Funcións principais: asumirá a materia de prácticas de cociña na partida que lle corresponda, coordinando o funcionamento desta coa xestión dos restaurantes do centro.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional coma xefe de partida, cociñeiro ou posto superior de polo menos 18 meses.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de cociña.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés e/ou francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas que se realizarán:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Probas prácticas de Word para Windows.

-Proba escrita de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

C. Documentación que se presentará:

-Solicitude, indicando a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSHG (A Barcia, estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, apartado 578, 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

D. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

E. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos de cada proceso.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Rubén V. Lois Calviño

Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

Secretario Xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública