Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde, mediante decreto do día da data, resolveu:

1º Aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do plan parcial do polígono industrial A Granxa, promovida polo consorcio da zona franca de Vigo, redactado polo enxeñeiro J.B. Villar López-Caso, coa excepción de que o plano 8.12, folio nº 61 do expediente, foi substituído polo do mesmo nº 8.12, a escala 1:2000, e que figura no folio 69 do expediente.

2º Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos diarios de maior circulación na provincia.

3º Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual (artigos 15, 29, 34, 42, 43, 46, 48 e 62

da ordenanza e ó uso das parcelas nº 2, 236, 237, 238, 239, 241, 242, 243, 251, 252, 257 e 258 do plan parcial de ordenación A Granxa (PPOG).

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o apartado 2º, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 21 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8513