Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

RESOLUCIÓN do Concello da Guarda pola que se anuncia o concurso para a adxudicación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Guarda.

Adaptado o PXOU vixente á Lei 1/1997, do solo de Galicia, o importe dos mencionados traballos é de 5.555.556 ptas.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e 326 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, anúnciase o citado concurso conforme o seguinte contido:

Obxecto do concurso: concurso para adxudicación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Guarda (adáptase o PXOU vixente á Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o importe dos mencionados traballos é de 5.555.556 ptas.).

Duración do contrato: o documento para a aprobación definitiva ten que ser entregado ó concello antes do 1 de decembro de 1998.

Tipo de licitación: 5.555.556 ptas., IVE incluído.

Publicidade do prego de condicións: estará de manifesto nas dependencias da secretaría municipal durante o prazo de presentación das licitacións ó que se refire o concurso (teléfono dependencias municipais: 61 01 76; fax: 61 02 83).

Durante os 8 primeiros días hábiles seguintes ó da derradeira publicación deste edicto, poderán presentarse reclamacións respecto ó citado prego, supendéndose, se é o caso, a licitación de conformidade co previsto na LCAP.

Garantía provisional: de conformidade co previsto na correspondente cláusula do prego.

Garantía definitiva: de conformidade co previsto no correspondente prego.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente edicto no BOP e no DOG, no rexistro xeral deste concello, sito na Praza de España, 1.

Criterios de adxudicación: os que figuran no prego.

Modelo de proposición: o recollido no correspondente prego.

Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

8348