Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite urxente, para a subministración de camas hospitalarias. (C.P. 26/97).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: camas hospitalarias (C.P. 26/97).

Orzamento: 12.955.900 pesetas (IVE incluído).

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: 20 días, contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1, apartado c), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18, apartado b), da Lei 13/1995 citada.

Criterios de adxudicación: 1) Valoración económica, ata 9 puntos. 2) Servicio técnico, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional: non se require. Definitiva: 4% do importe de licitación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección de xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 7 de novembro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo

Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense

8932