Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de aparellos e dispositivos clínicos (expediente 30/97); adquisición de aparellos de cociña industrial (expediente 31/97) e adquisición de mobiliario clínico (expediente 32/97) para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca os seguintes concursos:

-Expediente 30/97:

1. Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos clínicos.

2. Orzamento: 18.600.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 31/97:

1. Obxecto: adquisición de aparellos de cociña industrial.

2. Orzamento: 5.625.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 32/97:

1. Obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

2. Orzamento: 32.715.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: só se admitirá unha variante por lote.

5. Garantía provisional: 2% de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

A) 1. Calidade: ata 4 puntos.

2. Funcionalidade/manexo: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 1 punto.

4. Servicio: ata 2 puntos.

5. Grao de implantación: ata 2 puntos.

B) Prezo: ata 10 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 3 de novembro de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

8931