Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AGOLADA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 referente á convocatoria para prover unha praza de axente auxiliar de policía local.

No BOP de Pontevedra número 192, con data do 6 de outubro de 1997, aparecen publicadas as bases da convocatoria que terán que rexe-la convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de axente auxiliar de policía local, vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello, polo sistema de concurso-oposición.

Presentación de instancias: dirixidas ó señor alcalde-presidente do Concello de Agolada (Pontevedra), no rexistro xeral deste, ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no BOE.

Faise constar, expresamente, que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP de Pontevedra e taboleiro de anuncios do concello.

En Agolada o vinte de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8349