Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.107

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (58/1995).

Neste xulgado séguense autos de xuízo executivo co número 58/1995, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Yesos Camanzo S.L., José Luis Camanzo Gulías e Pilar González Rey, en recla

mación da cantidade de 11.368.597 pesetas de principal, máis 6.000.000 de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos; actuacións nas que por resolución do día da data se acordou sacar en poxa pública, por primeira vez o día 19 de decembro de 1997, ás 11 horas, na sala de audiencias deste xulgado, e polo termo de vinte días, os bens que despois se dirán.

A poxa rexerase polas seguintes regras:

1ª Para tomaren parte na poxa, os licitadores deberán consignar na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte: 1590/17/00058/1995, presentando o xustificante de ter ingresado unha cantidade polo menos igual ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.

2ª Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo da taxación.

3ª Desde a publicación da poxa ata que teña lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20% antes indicado.

4ª Só o executante poderá face-la oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

5ª As cargas anteriores e preferentes ó crédito do autor, se existiren, quedarán subsistentes, sen que se dedique para a súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6ª Os títulos de propiedade dos bens que se sacan á poxa atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que os poidan examina-los que desexen tomar parte na poxa, previndo os licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir outros.

7ª No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, estas terán lugar á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día dezanove de xaneiro de 1998, ás 11 horas, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día dezanove de febreiro de 1998, ás 11 horas, no mesmo lugar que as anteriores, sen suxeición a tipo, e os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual que o sinalado para a segunda, persistindo as demais condicións.

O presente edicto serve de notificación para os demandados Yesos Camanzo, S.L., José Luis Camanzo Gulías e Pilar González Rey, no caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto da poxa.

1º Vivenda con rocho nº 4, situada na rúa Rosalía de Castro nº 40, 2-B, dunha superficie de 101,9 metros cadrados construídos. Inscrita no tomo 1.014, libro 56, folio 169, predio número 4.648 do Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela.

Taxado pericialmente na cantidade de quince millóns oitocentas sesenta e nove mil trescentas unha pesetas (15.869.301).

2º Garaxe, inscrito no tomo 1.037, libro 79, folio 11, predio número 6.489. Praza de garaxe número 109 del local número 297, no mesmo edificio cá vivenda nomeada anteriormente. Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela.

Taxado pericialmente na cantidade de dous millóns de pesetas (2.000.000 de pesetas).

3º Local comercial en Lalín, situado na planta de semisoto dun edificio con fachadas para as rúas José Antonio e O. Ten acceso desde a rúa ou a través de escaleiras de baixada ás galerías comerciais onde se acha o devandito local, e acceso directo por un camiño que une a rúa José Antonio coas devanditas galerías. É o local número 11, cunha superficie de 86 metros cadrados construídos. Inscrito no tomo 647, libro 211, folio 97, predio número 27.772. Rexistro da Propiedade de Lalín.

Taxado pericialmente na cantidade de oito millóns oitocentas cincuenta e oito mil pesetas (8.858.000 pesetas).

4º Dúas terceiras partes dun local comercial de Lalín, situado na rúa D, e con acceso directo por esta rúa; está situado entre os edificios nº 7 e 5, quedando o portal número 7 no medio do local e recuado cara á beirarrúa. Inscrito no tomo 601, libro 191, folio 43, predio nº 25.360, cunha superficie total construída de 225 metros cadrados e correspondéndolle 150 metros cadrados. Rexistro da Propiedade de Lalín.

Taxado pericialmente na cantidade de vintedous millóns novecentas oitenta e seis mil pesetas (22.986.000 pesetas).

5º Casa con predio, situados na parroquia de Piñeiro, lugar de Cima de Xián, nº 17, concello de Silleda. Lindeiros: norte, liña de vintecinco metros camiño, sur, en igual lonxitude o predio matriz. Leste, predio nº 500 metros cadrados. Existe unha edificación composta de soto, planta baixa e sobrado. O soto está dedicado a garaxe, e as plantas á vivenda propiamente dita. Ten unha superficie de 110 metros cadrados por andar. Ten anexos á edificación principal, unha piscina e un alboio duns 60 metros cadrados aproximadamente. Predio nº 20.893, do Rexistro

da Propiedade de Lalín, tomo 537, libro 137 de Silleda.

Taxada pericialmente na cantidade de vinte millóns novecentas dezaseis mil vinte pesetas (20.916.020 pesetas).

Santiago de Compostela, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada xuíza

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

8426