Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.107

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (386/1997).

En virtude do acordado en resolución desta data, conformada por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, e dictada na peza separada de medidas coetáneas dimanantes de autos civís de proceso de familia, seguido neste xulgado baixo o número 386/1997, sobre separación matrimonial, promovidos por Emilia Galiñanes Bugallo, representada polo procurador Goimil Martínez, contra Balbino Eugenio Fernández, por medio da presente cédula cítase o referido demandado en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 24 de novembro, ás 13 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa Viena (Pazo de Xustiza), co fin de ser oído nas indicadas medidas, debendo verificalo asistido de avogado e procurador que, respectivamente, o dirixa e represente, preveníndoo de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía e non facéndolle máis citacións nin

notificacións que as sinaladas na lei.

Parte demandada que se vai citar: Balbino Eugenio Fernández Liste.

Santiago de Compostela, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

8456