Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (106/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 106/1997, cítase ó denunciado, Jesús Chico Caneda, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 21 de xaneiro, ás 11.30 horas da súa mañá, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que poder ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poserá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 28 de outubro de 1997.

O/A secretario/a

Rubricado

8892