Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 12/1997, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a adquisición de diversos equipos médicos.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: contratación de adquisición diversos equipo médicos.

Orzamento: 21.700.000 ptas. (vinteún millóns setecentas mil pesetas). Este orzamento descomponse por lotes independentes:

Lote 1. 2 Lámpadas quirúrxicas.

Orzamento: 3.500.000 ptas. (tres millóns cincocentas mil de pesetas).

Lote 2. Mesa cirúrxica cirurxía xeral.

Orzamento: 6.200.000 ptas. (seis millóns duascentas mil pesetas).

Lote 3. Mesa cirúrxica traumatoloxía.

Orzamento: 12.000.000 de ptas. (doce millóns de pesetas).

Prazo de execución: a entrega das subministracións efectuarase por parte do empresario antes de 1 mes, contado desde a adxudicación do concurso.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público, trámite urxente nº 12/1997.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16.1 letra c) da Lei 13/1995, de contratos da administración publica.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 letra d) da Ley 13/1995, de contratos da administración pública.

Fianza provisional: a contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de: catrocentas trinta e catro mil pesetas (434.000 ptas.), quedando desagregada por lotes:

Lote 1. 70.000 ptas. (setenta mil pesetas).

Lote 2. 124.000 ptas. (centro vintecatro mil pesetas).

Lote 3. 240.000 ptas. (duascentas corenta mil pesetas).

Clasificación esixida: non se esixe.

Criterios de adxudicación:

Nº ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado40%

2Calidade materiais40%

3Prazo entrega20%

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Tfno. (986) 86 23 63 e fax. (986) 84 79 41.

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario/s do contrato.

Pontevedra, 30 de outubro de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra

8805