Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso por procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a adquisición de monitores de anestesia e UCI (expediente 28/1997), adquisición dunha lavadora de instrumental (expediente 29/1997), adquisición dunha secadora de roupa de 90 Kg (expediente 31/1997) e contratación do mantemento de equipos electromédicos e electrónicos (expediente 30/1997).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron dele

gadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las contratacións seguintes:

-Expediente 28/1997:

Obxecto: subministración de monitores de anestesia e UCI.

Orzamento: 14.625.000 ptas.

Garantía provisional: 292.500 ptas.

-Expediente 29/1997:

Obxecto: subministración dunha lavadora de instrumental.

Orzamento: 2.100.000 ptas.

Fianza provisional: 42.000 ptas.

-Expediente 30/1997:

Obxecto: contratación do mantemento de equipos electromédicos e electrónicos.

Orzamento: 19.500.000 ptas.

Fianza provisional: 390.000 ptas.

Prazo de execución do contrato: desde o 1-1-1998 ata o 31-12-1998.

-Expediente 31/1997:

Obxecto: subministración dun secador de roupa de 90 Kg.

Orzamento: 3.750.000 ptas.

Fianza provisional: 75.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto con tramitación urxente.

Prazo de entrega: unha semana a partir da adxudicación do concurso.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n, 36200 Vigo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (986) 81 11 59. Fax: (986) 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 7 de novembro de 1997.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo

8769