De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto á información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Monseiban coas seguintes características:
Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., polígono Pocomaco, sector A-2, nave 6. 15190 A Coruña.
Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(0.613.400, 4.806.900); V(0.617.350, 4.805.400); V(0.617.600, 4.805.750); V(0.618.800, 4.806.750); V(0.619.900, 4.803.500); V(0.615.000, 4.803.500); V(0.613.200, 4.805.800).
Supeficie afectada: 14,57 km.
Características técnicas principais:
Número de aeroxeradores: 45.
Potencia nominal unitaria: 300 kW.
Potencia total instalada: 13,5 MW.
Altura de torres: 30 metros.
Diámetro rotor: 31 metros.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 28 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8797