Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións dos seguintes servicios: traballos de restauración da Capela da Virxe da Azucena na Catedral de Santiago de Compostela (A Coruña); desinsectación e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio de Santiago de Compostela (A Coruña) e desinsectación e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións dos seguintes servicios:

-Traballos de restauración da Capela da Virxe da Azucena na Catedral de Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: dous millóns novecentas noventa mil pesetas. (2.990.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación requirida: non se esixe.

-Desinsectación e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio de Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de licitación: vintedous millóns cincocentas sesenta e seis mil catrocentas pesetas (22.566.400 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: vinteún (21) días.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría D (restauración obras de arte).

-Desinsectación e saneamento dos bens afectados por xilófagos e fungos de putrefacción no conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra).

Orzamento de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: vinteún (21) días.

Clasificación requirida: non se esixe.

Para estas contratacións non se esixe fianza provisional.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que concorran a máis dun contrato de servicios, deberán presenta-la documentación para cada un deles.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

97-8600