Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación do parque eólico Penas da Mosa para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 016-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto á información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Penas da Mosa coas seguintes características:

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., polígono Pocomaco, sector A-2, nave 6. 15190 A Coruña.

Situación: concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(0.613.200, 4.808.000); V(0.617.200, 4.808.700); V(0.618.000, 4.808.450); V(0.618.600, 4.807.400); V(0.617.600, 4.806.700); V(0.616.000, 4.807.500); V(0.613.400, 4.807.600).

Supeficie afectada: 5,42 km.

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 47.

Potencia nominal unitaria: 300 kW.

Potencia total instalada: 14,1 MW.

Altura de torres: 30 metros.

Diámetro rotor: 31 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 28 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8795