Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 12-11-1997, o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que deben rexe-lo concurso público convocado para a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia, exponse ó público durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG para que poidan presentarse reclamacións; simultaneamente anúnciase concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, se ben a licitación se aprazará no suposto de se formularen reclamacións contra o prego.

Obxecto: a elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal e do SAU-05-SOBRAL.

Tipo de licitación: 13.333.334 ptas.

Duración: un ano.

Fianzas: definitiva: 4% do importe da licitación.

Exposición ó público: o prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello de luns a venres de 9 a 14 h.

Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG, de luns a venres de 9 a 14 h, no rexistro xeral do concello.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 17 horas do día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

D/Dª ... maior de idade, veciño de ..., con domicilio en ..., DNI nº ..., en nome propio (ou en representación de ..., conforme acredito con poder suficiente), informado do concurso tramitado para a

adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia para a elaboración dun PXOM e do SAU-05-SOBRAL, mediante procedemento aberto, comprométese á súa realización nas seguintes condicións: ...

Lugar. Data. Sinatura.

Coles, 12 de novembro de 1997.

Eladio Pérez Moure

Alcalde

8550