Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso para os traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 33-7 Con. e Asist.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre.

b) Lugar de execución: municipio de Cambre.

c) Prazo de entrega: vinte meses.

3. Tramitación, procedimiento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 35.000.000 de ptas., IVE incluído.

1997/432620: 7.000.000 de ptas.

1998: 7.000.000 de ptas.

1999: 21.000.000 de ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 700.000 ptas.

b) Definitiva: 1.400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de contratación.

b) Domicilio: Adro, 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 67 52 34-67 52 08.

e) Fax: 67 59 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo II, subgrupo 5, categoría B.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de 9 a 14 horas dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A: subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B: subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusulas 10.2 do prego.

-Sobre C: subtitulado «Referencias técnicas», conterá a documentación esixida na cláusula 10.3 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º. Domicilio: Adro, 1.

3º. Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, desde a apertura.

e) Variantes: admitirase un máximo de dúas variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: sexto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

f) Criterios para a adxudicación do concurso:

-Intervención na elaboración de plans xerais de conformidade co texto refundido da Lei do solo de 1992 e/ou a Lei do solo de Galicia, así como haber redactado plans xerais dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, ata 30 puntos.

-Composición do equipo redactor e funcións de cada un dos seus membros, ata 25 puntos.

-Material, instalacións e equipo técnico, ata 15 puntos.

-Experiencia profesional, ata 15 puntos.

-Plan e prazos de execución dos traballos, ata 10 puntos.

-Prezo, ata 5 puntos.

10. Outras informacións.

Departamento de contratación, primeira planta da Casa do Concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego.

Poderase examinar no departamento de contratación, primeira planta da Casa do Concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co prevido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Cambre, 7 de novembro de 1997.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións

8758