Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle dun soar sito entre a travesía de Vigo e a rúa Asturias (expediente 4386/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para un soar sito entre a travesía de Vigo e a rúa Asturias, 15, conforme a documentación presentada por Esgasa Galicia, S.A., redactado polo arquitecto Roberto Rodríguez Martínez, e visado polo COAG con data do 6 de xuño de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde