Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador POAG I-80/1997 e dous máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei

81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código número 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993) e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non

facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 15 de outubro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

I-80/1997Manuel Cal Ares

Doctor Carracido, 33-2º

36205 Vigo

Abandono dun vehículoArt. 137 e)

do Regulamento da

L.I.F.

Art. 139 do

Regulamento da

L.I.F.

50.000

I-111/1997J. Luis Rey Fernández

Beiriña, 14

36212 Vigo

Vertido de lixo no monteArt. 137 e) do

Regulamento da

L.I.F.

Art. 139 do

Regulamento da

L.I.F.

50.000

I-252/1997José Gregores Arguelles

Mourigade-Guillade

36868 Ponteareas

Vertido de lixo no monteArt. 137 e) do

Regulamento da

L.I.F.

Art. 139 do

Regulamento da

L.I.F.

10.000

8888