Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a subministración consistente na adquisición dun vehículo para transporte de peixes (8739).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición dun vehículo para transporte de peixes (8739), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: tres millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (3.850.000 ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: cento cincuenta e catro mil pesetas (154.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de claúsulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 9 de decembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13.30 horas do día 12 de decembro de 1997, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-8707